O nenos e nenas de Educación Infantil máis 1º e 2º pasamos unha bonita xornada na horta da escola. Regamos os bancais, recollemos follas, ollamos a ver que cultivos tiñamos plantados e tamén nos tocou plantar. Canto traballo!
Plantamos fabóns!
Manolo con este pau vai facendo os furadiños, e logo nós imos colocando a semente do fabón.
Foi xenial, estamos aprendendo un montón de cousas, e vemos como pouco a pouco da terra van saíndo as plantas..... é increíble, como nos gustan as plantas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario