miércoles, 30 de enero de 2019

POÑEMOS NOMES AOS BANCAIS

A nosa horta recibe o nome de "A horta de Manolo e @s artistas".Decidimos poñerlle este nome facendo referencia ás persoas que a puxeron en marcha. Nós; os nenos, as nenas e máis os mestres somos @s artistas, e Manolo é unha gran persoa que nos foi de grande axuda para poñer en marcha este proxecto; a persoa experta que nos orientou para levalo a cabo.
Cabe dicir que Manolo segue axudándonos, dándonos consellos, ensinándonos para seguir mellorando, visítanos no cole e explícanos moitas cousas que non sabemos. Grazas a Manolo estamos aprendendo moito sobre agricultura ecolóxica.
Como sabedes, a maneira de cultivar é mediante bancais, e como non ía ser menos, tamén quixemos poñerlle nome aos bancais. Cada aula elixiu un nome para o bancal que se correspondera cunha aldea de Artes. Estes foron os resultados, ollade como nos quedaron!





Esperámosvos na nosa horta e alí podedes ver como quedaron alí colocados!


FACEMOS UN PEQUENO INVERNADOIRO

Este día, coa axuda de Manolo, comezamos a facer un pequeno invernadoiro onde sementamos chícharos e allos, e montámolo  nun recuncho da horta. Aprendemos como facer un invernadoiro e a como sementar nestas caixiñas. Aquí as sementes teñen máis calor, polo que esperamos que vaian medrando máis rapidamente. Foi unha tarefa moi interesante, gustounos un montón. 








                  


                  






 


Aquí gardamos as sementes e imos creando un banco de sementes.













Agora que xa o temos listo, debemos regalo tódolos días.





RECOLLEMOS FOLLAS PARA O COMPOST

A nosa horta necesita que a abonemos, e imos abonala con abono ecolóxico que nós mesmos tentaremos producir.
Como o faremos? Intentaremos xuntar restos de alimentos sen aceites, posos do café, follas das árbores .... e así pouco a pouco iremos producindo abono, ou polo menos, intentarémolo.

Nesta xornada estivemos recollendo follas do patio do colexio. Aquí podedes velo.

       


                       


 







 





 



Estade atentos e atentas a como vai ir indo o proceso do compost! Aquí vos iremos informando!

lunes, 14 de enero de 2019

COMEZAMOS A PLANTAR

Chegou o día!!!!Por fin.....demos comezo a cultivar na nosa horta. Comezamos polo bancal número cinco. O que fixemos neste día foi rematar de fertilizar o solo do bancal para logo poder plantar; botamos un pouco de polvo de roca, polvo de cal, cinza de leña máis cáscara de salvado que fará que aumenten os microorganismos no solo. Unha vez feito isto, puxémonos a plantar as sementes; en grupos, xa que estábamos todos os nenos e nenas do colexio. Plantamos cebolas, porros, cenorias e rábanos. Gustounos moito esta xornada e pasámolo moi ben converténdonos en agricultores! Estamos aprendendo moitas cousas, e aquí deixamos unhas fotiños para que olledes como nos foi, clicade axiña para velo!

                                                  Até outro día!


jueves, 10 de enero de 2019

OS PRIMEIROS BANCAIS


Empezamos cos primeiros bancais!!!

Hoxe queremos compartir con todos e todas vós, como fixemos a construción dos bancais da nosa horta.
En primeiro lugar, explicaremos que é un bancal ...Trátase de cada un dos cadrados ou seccións nas que se divide un terreo para distribuir mellor os cultivos e o rego.
Agora explicaremos os pasos que seguimos para a creación dun bancal:
1º Botámos unha capa de abono animal
2º Añadimos unha capa de terra
3º Outra capa de abono animal
4º Terra
5º Abono animal
6º Terra
Unha vez que xa temos listo a terra onde imos plantar, é hora de poñer as madeiras que aguantan a terra para que non se desparrame hacia os lados.
Agardamos que disfrutedes vendo as fotos do proceso!
Até a próxima!

martes, 8 de enero de 2019

PREPARAMOS O TERREO



Nesta entrada, deixamos un vídeo que mostra como comezamos a preparar o terreo para plantar na horta. 
Fixemos diferentes tarefas; medimos e dividimos o terreo en cinco bancais, en cada bancal botamos capas de terra e de abono animal, e puxemos as táboas de madeira para cerrar cada bancal. Estivemos traballando moito, dende os máis pequen@s até os máis maiores. Foi moi divertido!
Agardamos que disfrutedes vendo as nosas fotos, clicade aquí
Até a próxima!

COMEZA A NOSA AVENTURA



Benvidos e benvidas a este blog!

O CEIP Plurilingüe de Artes está inmerso nunha nova aventura. Gustaríavos saber cal é? O que ocorre é que os  nenos  e nenas, estamos creando no patio do noso centro, unha horta ecolóxica, que leva por nome "A horta de Manolo e @s artistas".
A nosa aventura  comeza aquí....

Cun espazo baleiro, que pouco a pouco iremos ensinando e contando como se vai desenvolvendo. Aquí mostraremos tódalas actividades relacionadas coa aventura da creación da horta; recollida de información, experimentos, novidades .... así como o noso traballo como agricultor@s.
Aínda que esta aventura xurdiu dentro do colexio, non deixa de pertencer a toda a comunidade educativa. Por iso, invitámosvos a que formedes parte dela!
Contamos con vós!