sábado, 30 de marzo de 2019

RECOLLIDA DA PLANTACIÓN

Ola a todos e todas!
 Hoxe estamos moi content@s de poder compartir con vós que tivo lugar "A COLLEITA DA PLANTACIÓN DOS FABÓNS!! Foi un día moi especial e divertido, nunca antes fixéramos isto, aprendemos moito e agora agardamos axiña a que vaian nacendo máis vainas! 

Ollade como fixemos:

                                                


Primeiro fomos recollendo tódalas vainas.





Logo , Manolo ensinounos como liberar os fabóns das vainas! 


E sen máis, puxémonos mans á obra!!  Que divertido!!




Antes de volver á aula, ollamos como ía o resto da plantación, e aí podedes ver como está a nosa horta.....pensamos que en pouquiño tempo teremos leitugas e acelgas! 

É xenial, estamos moi contentos e contentas!






APRENDEMOS A COMBATER AS PRAGAS

Non queremos que as lesmas e os caracois estraguen a nosa plantación; polo que nesta ocasión, coa axuda de Manolo, estivemos preparando unhas trampas para combater a praga de lesmas e caracois. 
Fixemos diferentes tarefas: puxemos medios limóns para que estes bechos busquen a humidade, puxemos cervexa  nuns tarriños de iogur de cristal e tapámolos cunha tella para.......
Aquí podedes ver o que fomos facendo!









Polo momento aínda non atopamos ningún becho nas trampas.....seguiremos esperando para ver se estes tratamentos que fixemos son efectivos!

XA TEMOS ABONO ECOLÓXICO

Vai ser certo iso que din: " todo traballo ten a súa recompensa". Dicimos isto porque hoxe imos compartir con todos e todas vós unha gran noticia: XA TEMOS ABONO ECOLÓXICO!
A recollida de follas, de pousos do café e dos restos dos alimentos que fomos metendo nos contedores deu o resultado que estabamos esperando.
Isto foi algo que nos chamou moito a atención....non vos parece  curioso que unha monda dun plátano se acabe convertendo en algo semellante á terra? A nós soprendeunos moitísimo.

                           


                              

                             

                              

Para poder botar este abono nos bancais, primeiro tivemos que pasalo por unha peneira, para facer unha criba e desbotar aquelo que aínda non está descomposto de todo.

                            Ollade, ollade como o fixemos!









    Mentres tanto, seguimos enchendo os composteiros con follas.




Facemos un gran traballo en equipo!


jueves, 7 de febrero de 2019

TRABALLAMOS NA HORTA

O nenos e nenas de Educación Infantil máis  1º e 2º  pasamos unha bonita xornada na horta da escola. Regamos os bancais, recollemos follas, ollamos a ver que cultivos tiñamos plantados e tamén nos tocou plantar.  Canto traballo!












 
Plantamos fabóns!


Manolo con este pau vai facendo os furadiños, e logo nós imos colocando a semente do fabón.
















Foi xenial, estamos aprendendo un montón de cousas, e vemos como pouco a pouco da terra van saíndo as plantas..... é increíble, como nos gustan as plantas!